Armando Ojea representa a Ourense nun acto das Letras Galegas en Vigo

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

Ojea, no acto celebrado en Vigo
Ojea, no acto celebrado en Vigo CEDIDA

O tenente de alcalde acudiu en representación do Concello a unha homenaxe a Xela Arias organizada por la Real Academia Galega

17 may 2021 . Actualizado a las 17:33 h.

O Concello de Ourense estivo presente este luns no acto organilzado pola Real Academia Galega en Vigo para homenaxear a Xela Arias no Día das Letras Galegas. En representación da cidade asistiu o tenente de alcalde do goberno local, Armando Ojea. Así o informa un comunicado oficial acompañado de varias fotografías nas que se ve a Ojea posando en selfis con Anxo Lorenxo, secretario xeral de Cultura da Xunta, ou co escritor Manuel Rivas.

Precisamente, a falta de actividades organizadas polo Concello de Ourense para conmemorar esta xornada foi criticada nos últimos días por distintos colectivos. O PSOE, por exemplo, denunciou que a ourensá era a única cidade galega sen programación oficial do Día das Letras Galegas, algo que cualificaron de «vergoñento e indignante».