Vodas de ouro, «tempus fugit»

José Pérez Domínguez NO ATRIO

OURENSE CIUDAD

16 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

día doce de maio celebramos no Seminario Maior de Ourense as vodas de prata, de ouro e de diamante de un grupo de sacerdotes entre os que me encontraba. Un dos sancristáns da S. I. Catedral, ao día seguinte, preguntoume: ¿cales foron os problemas sacerdotais máis complicados para Vostede ao longo de estes cincuenta anos de sacerdocio? A pregunta deixoume un pouco descolocado, primeiro pola agudeza do sancristán, non en vano pertence a un grupo de Neocatecumenais da cidade e segundo porque non se me tiña ocorrido repensar tal asunto.

A primeira dificultade ca que me atopei e me atopo a diario é ver como con tantos anos de catequese e de ensinanza relixiosa non damos marcado unha impronta relixiosa na nosa mocidade. Dáme a impresión de que os nosos mozos e mozas non fan caso nin da nosa práctica relixiosa, nin da nosa moral católica, nin dos principios de respectar a vida e a dignidade dos irmáns.

A segunda, e non menos importante, é a pouca importancia que lle damos todos a pedir perdón polos nosos erros. Ninguén se sente culpable do mal que ten feito. Escoitar a xente dicir que non ten nada de que arrepentirse hoxe parécelle algo normal a xente. E, por iso, tamén parece normal no orde espiritual que non lle deamos importancia ao sacramento da penitencia, recoñecendo os nosos peados, arrepentíndonos e converténdonos. Miren que facemos esforzos en explicar, en aconsellar, en invitar a práctica do sacramento, celebrado individualmente ou comunitariamente. Neste caso penso que ten moito que ver o respecto a intimidade de cada quen, hoxe tan valorada, e que noutros tempos foi por veces asoballada e terxiversada.

A terceira, e sei que é un problema que hai que estudar e darlle unha resposta equilibrada, é a xubilación dos sacerdotes. Esta non pode ser foto finish; e dicir, ata o límite das posibilidades do ser humano, avalados por unha espiritualidade de entrega e doazón polos demais. Civilmente as persoas xubílanse aos 65, 66 ou 67 anos. Celebrando as vodas de ouro pensamos: xa queda pouco para a meta; temos que prepararnos humana e espiritualmente, temos a obriga de convivir cos nosos, e, por suposto, ten que quedarnos algo de tempo para o noso descanso e ocio. Paréceme que, sen radicalismos, a partir dos 75, tal como o suxire o Código de Dereito Canónico, é tempo oportuno para que os sacerdotes poidan xubilarse. Máis aínda, moitos parroquias agradeceríano e verían Que solucións hai para estes problemas? En Ourense culminamos o Sínodo diocesano. Algúns destes temas foron estudados e reflexionados neste sínodo. É tempo oportuno para darlle un repaso e descubrir posibles camiños a seguir. Nunha Igrexa en camiño todos temos que arrimar o ombro: bispos, sacerdotes, relixiosos, seminaristas, laicos cristiáns, movementos e asociacións relixiosas.