Talleres de alfabetizacon enerxética e do espazo e o tempo nos colexios

La Voz

OURENSE CIUDAD

O Concello de Ourense organiza dous actividad para nenos

31 ene 2021 . Actualizado a las 17:23 h.

A Concellería de Educación, dentro do seu programa ambiental, desenvolverá dous obradoiros para os escolares da cidade desde o mes de febreiro: Alfabetización enerxética, para alumnado de Primaria e de ESO, e Arquinenos (Leonardo Da Vinci), para alumnado de 5º e 6º de Primaria. Con estas iniciativas quérese formar e sensibilizar a rapazada creando valores sólidos para cando sexa adulta. O curso de Alfabetización enerxética terá relación coas vivendas, edificios e o uso que facemos dos mesmos a hora de habitalos. Introduciranse conceptos coma o dos edificios pasivos, de consumo case nulo, e como estes responden a principios moi básicos de física, enerxía e sentido común.

De forma complementaria desenvolverase tamén o obradoiro Arquinenos (Leonardo Da Vinci), co que se quere introducir e desenvolver a visión tridimensional do espazo, pensar e construír, debuxar. A través da observación e do xogo, o alumnado aprenderá o comportamento da luz, que se acumula ao longo do tempo, e da gravidade, que constrúe o espazo. En suma, Arquinenos quere aprender a imaxinar o espazo e o tempo, aprender a comprender e sentir. En cada un dos obradoiros, que comezarán no mes de febreiro, participarán 200 alumnos e alumnas dos colexios da cidade que se acolleron aos programas.

--