O Principal acollerá dúas estreas teatrais no próximo ano 2021

La Voz

OURENSE CIUDAD

CEDIDA

Redrum e Loles León realizarán a presentación dos seus espectáculos na cidade de Ourense

22 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo dun ano marcado polas anulacións, cambios e funcións co aforo restrinxido pola pandemia do coronavirus, o Teatro Principal de Ourense aposta por reivindicar a cultura máis que nunca e por lembrar que a mesma é segura. A programación do espazo cultural para o primeiro semestre do 2021 foi p==resentada este luns pola directora do Principal, Olga Mojón; o director de Agadic, Jacobo Sutil, e o vicepresidente provincial Rosendo Fernández.

A programación do 2021 comezará o 3 de xaneiro, co Concerto de Aninovo da European Sinfónica Orquesta. Será a partir das 19.00 horas. En xaneiro tamén chegarán ao escenario do Principal a montaxe «Bernarda», de Malasombra, -o día 9-, o espectáculo «Leira» da compañía Nova Galega de Danza -día 16-, «Esperando a Godot» -o 23- e «Juan Rana», montaxe de Ron Lalá que se poderá ver o 30 de xaneiro.

Entre a oferta do Principal para a primeira metade do 2021 destacan dúas estreas absolutas. O 8 de maio Redrum Teatro realizará a primeira función de «Un home con lentes de pasta» no escenario ourensán e o 18 de xuño Loles León estreará o seu novo espectáculo na cidade. «Una noche con ella» estará en cartel os días 18 e 19 e para preparar a estrea nacional a actriz e o resto da compañía estarán ensaiando na cidade dende varios días antes.

Entre as montaxes que se recuperan deste 2020 figuran «Intocables», «El coronel no tiene quien le escriba» ou «Perfectos desconocidos».