Conclúe a reforma da Casa do Legoreiro en O Cumial

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

CEDIDA

A Xunta puxo en valor o entorno deste vial nun tramo no que pasa a Vía da Prata

20 dic 2020 . Actualizado a las 20:18 h.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras de rehabilitación da casa do legoeiro do Outo do Cumial e de posta en valor da contorna da Vía da Prata, ao carón da estrada autonómica OU-105, no municipio de Ourense. Esta intervención supuxo un investimento autonómico de preto de 48.000 euros e permitiu a mellora e integración paisaxística na contorna do Camiño de Santiago. Os traballos foron validados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e véñense sumar a outras melloras realizadas polo departamento de Infraestruturas da Xunta: como a mellora da seguridade viaria na propia OU-105, en Seixalbo, que tamén incidiu na mellora da Vía da Prata.

A casa do legoeiro utilízase na actualidade como edificación de servizo para os labores de conservación de estradas do departamento de Infraestruturas da Xunta e nos últimos anos realizáronse melloras interiores para mellor organización do servizo. Con esta actuación mantense, indicaron fontes a administración autonómica, a configuración orixinal dos edificios da casa do legoeiro, dos anos 50 e libéranse as vistas do cruceiro, para o que se procedeu ao derrubamento das construcións anexas. Isto permitiu, ademais, habilitar unha pequena área de descanso para peregrinos a carón do cruceiro.