O neno da Nenuco


Agora que me toca ver máis tele infantil comprobo con agrado que os Nenuco xa non son bonecas para nenas. Son bonecas para xogar. Nenas e nenos aparecen á par nos anuncios. Un reflexo do que debería ter sido sempre, porque os xoguetes non son de nenos nin de nenas. Son xoguetes. Non saben de sexo. A pelota non é máis pelota porque lle dea patadas un cativo en lugar dunha rapaza. E o Nenuco (si, ben merece a publicidade) non é un bebé que só arrolan as nenas. Tamén os nenos xogan a dar un coliño. Porque ese xesto que alguén pode interpretar como unha bobada, é o inicio de moitas actitudes machistas que se van fraguando no tempo e acaban en cousas noxentas. ¿Canto non se oe aínda a frase de que os nenos non xogan con bonecas? E a cousa sigue segundo van medrando. Coa adolescencia é fácil oír como eles teñen que ser un ligóns, mentres que sobre elas sempre se alude á roupa ou á actitude. «Vas vestida como unha pilingui». Hai nais (si, nais!!!) que lle din iso ás súas fillas. En lugar de educalas para que sexan fortes e libres, para que loiten e defendan que se lles apliquen os mesmos dereitos (aos que teñen dereito), optan por manter os roles machistas. Non falamos de que me guste a roupa ou non, só do que pareces... Que tristura e que pouca altura de miras. E así nos vai. Perpetuando roles machistas, incluso ese que di que somos mellores coidando que os homes. Por iso cando un home ten a custodia dos fillos óese dicir ¿que fixo mal a nai? Pregunta que non se escoita cando é ao revés. Avanzamos, pero queda un longo percorrido para acadar a igualdade.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O neno da Nenuco