Peter Keller e Alejandro Picó-Leonís, hoxe no ciclo lírico

As entradas poden adquirirse a través da plataforma aTaquilla a un prezo de oito euros.


Prosigue unha nova edición do Ciclo Lírico de Ourense. Hoxe, no auditorio ás 20.00 hodas, o segundo concerto, terá ao centro de Europa como protagonista, para escoitar os máis afamados lieds. A voz do baixo eslovaco Peter Keller, acompañado ao piano por Alejandro Picó-Leonís, porá en escena obras de compositores clásicos e imperdibles. Recordarán o 250 aniversario do nacemento do mestre Beethoven e logo pasaremos a Schubert. Música imperdible, música inesquecible. O venes será a homenaxe a Nós. Poderase escoitar da voz de Nuria Lorenzo, mezzosoprano, acompañada ao piano por Alejo Amoedo, obras con textos de Pedrayo, Risco ou Cuevillas. Outros textos serán de Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger ou Curros Enríquez. A noite, e o ciclo, rematará cunha estrea, un regalo de Juan Durán, premio Raíña Sofía de composición, «Tríptico rosaliano», sobre poemas de Rosalía de Castro. As entradas para o ciclo xa poden adquirirse a través da plataforma aTaquilla a un prezo de oito euros.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

 Peter Keller e Alejandro Picó-Leonís, hoxe no ciclo lírico