O Pontellas agarda o Arousa minguado de puntos e de efectivos

As lesións están a lastrar o acoplamento do cadro porriñés


vilagarcía / la voz

Seis tempadas leva José Curiel á fronte do vestiario do Pontellas, e a película de cada novo verán aseméllase cada vez máis á do precedente. Un equipo ao que lle resulta imposible reter os xogadores que máis destacan durante a tempada. Este ano, sen ir máis lonxe, «fóronsenos por distintas razóns 7 ou 8 titulares da campaña anterior», na que o Pontellas encamiñábase cara un descenso pola vía rápida da Terceira, penúltimo ata que a paralización completa polo primeiro estado de alarma rematou derivando nunha amnistía xeral.

Mañá o Pontellas recibirá, no sintético de San Campio 2, a un Arousa no polo oposto, «candidato a todo» se o respectan as lesións, coincide José Curiel coa maioría do fútbol modesto galego. Un cadro arlequinado que precisa compensar pola vía rápida a súa segunda derrota do curso na Lomba, 1-2 co Choco, ante un anfitrión, o Pontellas, con tan só 2 puntos colleitados nos seus cinco primeiros partidos de Liga: 0-0 en Cangas co Alondras e 1-1 na casa diante da U.D. Ourense.

Pero máis aló da enorme fenda entre os potenciais dun e doutro equipo, o maior problema que manexa o técnico porriñés é o feito de que «nos está costando tener una identidad propia», e acercarse a esa imaxe de equipo que gusta de ser protagonista co balón. E iso, explica José Curiel, polos paus nas rodas que para o axuste dun equipo con tantas pezas novas ten a cantidade de lesións sufridas ata hoxe: Anxo e Lucho, con lesións graves de ligamentos no mesmo adestramento dúas semanas atrás, o porteiro Toni mancado nun escafoides, Máikel de Xisco no dique seco desde as dúas primeiras semanas de Liga, e o punta Iago cun pinchazo a semana pasada.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Pontellas agarda o Arousa minguado de puntos e de efectivos