O Arousa busca a súa primeira vitoria ante unha aguerrida U.D. Ourense

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Capotillo

O cadro vilagarcián viaxa sen Pedro García e co xuvenil Álex Rodríguez

25 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde as 17 horas (O Couto) U.D. Ourense e Arousa buscarán inaugurar o seu casilleiro de vitorias na segunda xornada da Liga de Terceira División, logo de saldar ambos os dous os seus partidos inaugurais con cadansúa derrota pola mínima: 0-1 na Lomba cos de Rafa Sáez recibindo a outro dos grandes favoritos ás prazas na fase de ascenso, o Arenteiro, e 1-0 o equipo ourensán no campo do Alondras. 

O cadro arlequinado desprázase con 19 dos 20 xogadores do seu primeiro equipo, dado que Pedro García segue recuperándose dunha microrrotura fibrilar nun aductor. O xuvenil Álex Rodríguez súpleo na convocatoria de 20 homes cos que Rafa Sáez tentará sacar os 3 puntos en xogo. Unha misión importante, pero que non obsesiona o seu colectivo, comentaba onte o técnico pontevedrés, que non ve cabida á palabra urxencia na segunda xornada do campionato, por moito que o novo sistema de competición, cunha primeira volta con só 22 partidos, castigue moito máis as derrotas ca nunha campaña ordinaria de 38 xornadas.

Rafa Sáez carece das referencias que desexaría poder ter da U.D. Ourense 2020/21 pola falta dunha pretempada das de toda a vida; pero máis aló da calidade da súa medular, dá por feito que «siempre tiene el carácter, el alama y el espíritu» aguerrido inculcado polo seu técnico, Currás.