«La ciudad se llama perdición»


La ciudad se llama perdición». Non podo faltar ao escrito por Yosi; puiden traducir ao galego o que foi cantado en castelán, pero non. Hai un momento dos concertos, no que xa sen folgos deixa na masa a responsabilidade da letra e di: «Una canción no es canción, hasta que la canta el pueblo, y hoy aquí se ha escrito una canción». Temos, e falo en plural, o Club Natación Pabellón Ourense, unha J’hayber de Yosi. Coido que estará no cuarto dos trofeos, por enriba dos campionatos galegos e doutros tantos; fixera máis polo equipo ir aos concertos que un mes de duros entrenamentos.

Todo o que nos pasa foi cantado polos Suaves, antes, décadas antes. Podes fuxir da profecía feita no LP, Frankenstein, 1984, Una ciudad llamada perdición, pero vaite perseguir. Hai luces nos barrios ricos e nos pobres non brilla nin o sol, parágrafo desta canción que hoxe máis ca nunca é acaído. Lembro que a incidencia das enfermidades está relacionada directamente coa clase. Recordo aquela noite en Nova Vanessa do ano 1994 dos Suaves, o concerto das nosas aquelas vidas, non houbo nin unha micra de distancia social, ninguén berrou máis ca nós. Ninguén chamuscou máis. Agora pídovos que achantedes, que evitedes a transmisión comunitaria.

Na cidade perimetrada, apelo á responsabilidade individual de ter un comportamento cívico extraordinario. As novas xeracións, ás que lle ofrecemos un futuro de repartidores e criados pedímoslles que sexan as salvadoras. Nós, como xeración vella, temos que compensar o sacrificio, o noso compromiso a xirar a economía cara unha sostible e baseada no coñecemento, e non ofrecer postos de traballo de precarios. Tamén foi cantado polo Suaves: «..bares, pubs y discotecas y así pasan los años..»; a hostalaría ourensá transita o camiño da santa compaña. O traballo ben feito da inmensa maioría queda detrás de actitudes puntuais neglixentes. Recordo, ou nos salvamos todos ou non se salva ninguén. Por ir rematando o concerto, quedo coa peza melodramática necesaria para prender chisqueiros e chorar un pouquechiño (eu choro), Pardao, le llaman en la plaza, porque aunque llueva, él canta y no se marcha. Era bo que marcharas da Praza Maior, Pardao, baixa do escenario.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«La ciudad se llama perdición»