Levo uns meses relendo a García Márquez. Comecei en marzo por comodidade: confinados na nosa casa do rural de Ourense, e cunha biblioteca conxelada no tempo, tirar dos clásicos que me salvaron a vida durante tantos anos semellaba un bo plan.

O caso é que fixen como fago sempre: anotar frases, gardar citas e imaxinar ideas. E así, no contexto do matrimonio de Fermina Daza e Juvenal Urbino en El amor en los tiempos del cólera, dei coa frase que, para min, tamén podería definir este momento histórico que estamos a vivir: «Si algo habían aprendido juntos era que la sabiduría nos llega cuando ya no sirve para nada».

Entón pensei que, nestes tempos, se en algo podemos estar todos de acordo é que conseguiremos adaptarnos a este novo xeito de vida cando xa teñamos que aprender outro. Pois agora que parecía que xa o tiñamos todo controlado, e a pesar de que xa sabiamos que habería un rebrote, aquí estamos, adiantándonos aos acontecementos, practicando esa perda da memoria colectiva que tan ben nos define e dando a benvida á segunda ondada desta pandemia global.

Probablemente neste caso a sabedoría tamén chegue tarde, pois, se é unha consecuencia mesma da experiencia, nunca seremos capaces de aprender a vivir co que está por vir. Eu tento imaxinar os dous próximos anos, nos que todos estaremos preocupados pola nosa existencia e pola nosa supervivencia cotiá, nos que non deberiamos esquecernos de preocuparnos tamén polos demais; e se, como escribía García Márquez, «a sabedoría chega cando xa non serve de nada», eu quero crer que algo bo sacaremos do proceso de aprender a vivir coa incerteza, aínda que simplemente sexa aprender a non acomodarnos...

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Sabedorías