O Ourense C.F. inicia a batalla psicolóxica a 4 días do duelo co Arousa

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

L. MÉNDEZ

Fútbol O adestrador ourensanista sinala na presentación da fase de ascenso exprés en Balaídos que «vamos a ver cómo se gestiona que te pueda valer o no el empate»

16 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Federación Galega de Fútbol, co seu presidente, Rafael Louzán, á cabeza, exerceu onte en Balaídos de anfitrioa dos presidentes, dos adestradores e dun capitán por equipo dos catro conxuntos galegos que esta fin de semana disputarán as semifinais da fase de ascenso exprés á Segunda División B no estadio vigués. Un evento protocolario que servíu para coñecer o estado físico e psicolóxico co que chegan os aspirantes á segura nova praza galega na vindeira edición da Liga da categoría de bronce.

Ilusión é a palabra compartida nos dous bandos do Ourense C.F.-Arousa que se xogará este domingo. Ilusión e ganas. «Canto antes chegue, mellor», di Julio Rey, o capitán arlequinado presente no acto. «Estamos ya con ese gusanillo de ver que se acerca el momento [...] Todos tenemos ya ganas de que eche a rodar la pelota», declara Fran Justo.

Preguntado polos favoritos, o adestrador do Ourense C.F. semellou querer aproveitar a ocasión para iniciar a batalla psicolóxica que tan importante resultará no desenlace do duelo co Arousa: «Es verdad que a priori los equipos que tienen el empate como resultado a favor -o Compos e o Ourense pasarán se os seus rivais non os derrotan- tienen más posibilidades de poder pasar [...] Vamos a ver cómo se gestiona que te pueda valer el empate o que no».

Dito isto, Fran Justo prevé «una igualdad tremenda». Opinión compartida por todos os presentes. «Despois de 4 meses sen competir o primeiro partido vai ser un caos dentro dun caos. Vai haber moita tensión. O equipo que saiba máis dosificar as emocións vaino ter máis de cara», opina Julio Rey.

O técnico arlequinado, Rafa Sáez, tampouco fala de favoritos, pero si salientou que «vemos chance» para conseguir o ascenso, «e a partir de aí tentaremos levar ao 100 % as nosas posibilidades». Díxoo tras salientar que «a cidade -Vilagarcía- ferve de ilusión» co regreso do Arousa á fase de ascenso a Segunda División B 27 anos despois, e no ano do 75 aniversario do club. «O equipo goza de moi boa saúde a día de hoxe -por onte- e está todo preparado para que os xogadores salten ao terreo de xogo e expresen todo o que levan dentro».

Germán, o capitán do Ourense C.F., salientou o feito de ver que «chegamos moito mellor do que pensaba que iamos chegar», pero advirte que «nunha eliminatoria a 90 minutos non vexo favorito».

Pulla de Abalo ao alcalde de Vilagarcía

«Dá ata de coller e dicirlle ao alcalde -de Vilagarcía- que ten que ir preso porque vendo como está este campo -Balaídos- e como está o noso. ¡Bufff...!». Manolo Abalo aproveitou a presentación da fase para, cun comentario humorístico, mandarlle un recado a Alberto Varela. «A ver se este ano no noso campo -municipal- fan un pequeniño investimento».