José Araújo: «Feijoo presume de enxebre pero non fai nada por Ourense»

O candidato de Ciudadanos denuncia a marxinación á que somete o PP á provincia


ourense / la voz

A precariedade de recursos de Ciudadanos para desenvolver a campaña fixo que nesta formación se optase por una alternativa imaxinativa: crearon unha serie audiovisual chamada Alberto, que? na que repasan as promesas que Feijoo foi facendo nestes anos e que non cumpriu. 

-Con flotador en Monterrei e na procura do hotel balneario. Cal é o obxectivo da serie?

-Nestas entregas o que facemos é lembrar todas as promesas e os incumprimentos de Feijoo e da Xunta. O parque acuático, o transporte metropolitano, o hotel balneario na cidade (ao que nós chamamos HBO: Hotel Balneario de Ourense)... e seguiremos con máis entregas nas redes porque toda a provincia está chea de enganos. Temos a un presidente da Xunta ourensán, dos Peares, que presume de enxebre pero que non fai nada por esta provincia.

-Cales son as prioridades?

-Temos un montón de potencialidades que debemos aproveitar -dende o agro ao que se está a facer no Campus de Ourense- pero non se aposta por iso. Contamos cun gran potencial en zonas como A Limia -pero está todo contaminado e a Xunta mira para outro lado- cos colleiteiros, o termalismo e moitos sectores, pero Feijoo estanos condenando ao abandono e ao esquecemento.

-Incide na falta de previsión no seu discurso.

-A Xunta non ten planificación para posibles rebrotes e ten abandonados aos sanitarios. Non hai un plan para saír desta crise e iso dá a medida de como actuou nestes anos Feijoo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

José Araújo: «Feijoo presume de enxebre pero non fai nada por Ourense»