A mostra sobre Nós estará en Ourense de febreiro a abril do 2021

A exposición abrirá as súas portas na Cidade da Cultura en outubro


ourense / la voz

A exposición Galicia, de Nós a nós chegará a Ourense en febreiro do 2021 e na cidade poderase ver entre os meses de febreiro e abril. A mostra será a segunda gran exposición do Xacobeo 2021 -logo do proxecto Galicia, un relato no mundo- e na mesma exhibiranse obras de Francia, Alemaña e Portugal. En total serán máis de medio cento de institucións e coleccionistas privados os que contribuirán «a un proxecto colectivo chamado a ser unha das grandes citas culturais do ano en Galicia». A exposición abrirá as súas portas na Cidade da Cultura e no Gaiás estará a partires do mes de outubro, logo de reprogramar a previsión inicial -que pasaba por abrila en primavera-. Logo estará en Ourense e Pontevedra. Na cidade poderase ver, entre febreiro e abril do 2021, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A mostra sobre Nós estará en Ourense de febreiro a abril do 2021