Noa Presas: «Para Ourense é cuestión de vida apostar pola modernización e a innnovacion no sector gandeiro»

La Voz

OURENSE CIUDAD

cedida

A candidata do BNG por Ourense visitou unha explotación

10 jun 2020 . Actualizado a las 15:40 h.

A candidata do BNG por Ourense, Noa Presas, visitou unha explotación gandeira para coñecer o impacto da crise do coronavirus no sector primario. Presas sinalou que o BNG defenderá un cambio político a partir do 12X que aposte por un medio rural produtivo como motor de desenvolvemento económico tras as receitas fracasadas do PP á fronte da Xunta de Galiza e os anos de mandato no goberno central. Erixe á organización nacionalista como a única «quen de plantarlle cara a Madrid e a Bruxelas». «Urxe un cambio político que aposte polo medio rural como unha oportunidade de desenvolvemento económico e poñer fin a 11 anos onde o PP o situou como un problema» comezou sinalando a candidata do BNG. Cualificou estes anos do goberno de Núñez de Feijóo á fronte do executivo galego como unha práctica habitual de eludir as súas competencias e responsabilidades no lugar de apostar pola produción de proximidade e calidade.

«Para Ourense é cuestión de vida apostar pola modernización e a innovación para que o sector agrogandeiro poida ser un motor de desenvolvemento económico e poñer fin ao abandono de terras.Non é de recibo que teñamos cada vez máis terras abandonadas cando temos seis veces menos explotacións de vacún que Coruña ou Lugo», dijo. No caso do sector lácteo, segundo os datos achegados polo Instituto Galego de Estatística, Ourense reduce o número de explotación a menos de 50, unha cifra anecdótica comparada co resto do país.

A candidata do BNG evidenciou que  «urxe impulsar un novo modelo de aproveitamento que sexa sostíbel coas explotacións pequenas, con cooperativas e que aposten por liñas de calidade, cada vez máis demandadas no mercado». Esta iniciativa sería tanto para vacún de leite como para vacún de carne ao albergar variedades autóctonas de calidade.