1970: Finaba en Ourense Josefina Bustamente, Dona Fita, a muller de Otero Pedrayo

La Voz

OURENSE CIUDAD

CEDIDA

Pesar en toda Galicia polo pasamento da compañeira do patriarca das letras galegas

12 abr 2020 . Actualizado a las 10:31 h.

«A las once y diez minutos de la noche del pasado martes, día 8, falleció en su casa de Orense, calle de La Paz, doña Josefina Bustamante Muñoz de Otero Pedrayo, esposa del patriarca de las Letras Gallegas, después de una larga enfermedad que la obligó a guardar cama durante los últimos meses». Así comenzaba a crónica que daba conta do pasamento de Dona Fita, como se lle chamaba familiarmente. Coñecera a Otero Pedrayo en Santander, na súa etapa como catedrático naquel cidade. Alí casaran o 6 de agosto de 1923 e medio século despois o Pai Isorna oficiara en Ourense a misa das vodas de ouro. Logo celebrarase unha cea homenaxe á que asistiran persoeiros de toda Galicia. Nesa data o patriarca das letras galegas declarara ao xornalista Luis Álvarez Pousa: «O noso matrimonio foi moi feliz, pois que a miña esposa entendeume sempre coma ninguén. Ela soupo sentir conmigo os fenómenos i os problemas de Galicia. De maneira que estamos perfectamente compenetrados. Foron anos de moita felicidade». Dende había meses Dona Fita estaba obrigada a gardar cama pola súa enfermidade e no momento do pasamento Otero Pedrayo, fondamente relixioso, rezou o rosario na compaña dos que se atopaban ao seu carón. A misa, na igexa de Santa Eufemia do Centro, ía ser celebrada polo Pai Isorna ese día, o 10 de abril, ás once da mañá. E dona Josefina Bustamente Muñoz recibiría sepultura no panteón familiar de San Francisco. O pasamento xerou un profundo pesar en toda Galicia.