1995: A cultura galega perdía ao director Chano Piñeiro, que finaba aos 40 anos
OURENSE CIUDAD
A cultura e a sociedade galega ficaba conmocionada polo pasamento do cineasta
22 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.A cultura e a sociedade galega ficaba conmocionada polo pasamento do director de cine Chano Piñeiro. Contaba con 40 anos de idade e finaba por un edema pulmonar. La Voz de Galicia adicaba a súa páxina 3 á figura do autor de traballos como Mamasunción ou Sempre Xonxa. Un repaso da súa traxectoria profesional e a súa aposta por facer un cine en Galicia e en galego eran algunhas das referencias. Un artigo de Miguel Anxo Fernández completaba a páxina.
Estreita relación con Ourense
Na edición provincial Marcos Valcárcel dedicaba a Chano Piñeiro a súa sección, na que se refería ao seu desacougo «tras enterarme casualmente da morte repentina, traidora e estúpida dun amigo que foi tamén un valioso stajanovista da nosa cultura, especialmente no mundo do cine e da imaxe en Galicia. Estou a falar de Chano Piñeiro, home moi relacionado coas terras de Ourense». Un home, lembraba, «ó que víamos a menudo nas Xociciviga de Carballiño onde sempre acudía disposto a botar unha man no que fose preciso». Tamén recordaba a rodaxe de Sempre Xonxa en terras de Valdeorras.