O proxecto Periodismo na Escola non fixo máis que empezar. Coa participación do centro de Monforte arranca esta primeira edición, que chegará ao 17 de xuño, derradeiro mércores do curso. Ata daquela serán vinte os colexios e institutos de toda Galicia que publicarán neste programa, e como só hai 15 mércores lectivos, nos meses de maio e xuño algúns dos centros publicarán na web de prensaescuela.es os xoves. Os profesores contarán a súa experiencia coma os demais, os mércores neste suplemento.

Os seguintes en compartir a súa reportaxe son os rapaces das Franciscanas de Ourense. O centro da Divina Pastora leva semanas mobilizado e a súa participación vai sobre os quince anos da lei antitabaco, que dende o 1 de xaneiro do 2006 cambiou os hábitos dos españois. Os rapaces de segundo de ESO quixeron saber máis da normativa e do seu cumprimento, e para iso documentáronse e falaron con expertos e persoas que viviron en primeira persoa a norma, como Gabriel Gallego, dono de cafeterías no centro da cidade. O asunto do tabaco preocupa moito no colexio, que participa en Clases sen Fume, dos plans Proxecta da Xunta, baixo o que desenvolve moitas actividades. A máis salientable delas é a recollida de cabichas polas rúas. Os rapaces que participan neste proxecto de Prensa-Escuela fano da mano do seu profesor Gonzalo Sánchez Busóns.

A seguinte semana, o mércores 18, é a quenda das rapazas de Economía da Empresa de segundo de bacharelato do IES Fontexería, de Muros. Elas contaron co seu profesor Fernando Pérez Torres para facer unha análise do peso que o porto ten na vida económica e social da vila. Nestas semanas falaron con expertos e coñecedores do mundo pesqueiro e visitaron a lonxa para ver de primeira man como é o día a día dun sector de tanta importancia en todo o concello.

Pecha este primeiro mes de Periodismo na Escola o instituto de Santa Cristina, en Oleiros. Os alumnos de 3.º de ESO están ultimando o asunto a desenvolver, que van preparar coa súa profesora de Lingua Castelá Julia Fernández Seguín.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

En marzo publican centros de Ourense, Muros e Oleiros