O grupo Avento ofrecerá a súa versión de «O libro da selva»

La Voz

OURENSE CIUDAD

cedida

O espectáculo foi estreado o domingo en Vigo e o día 23 estará no Auditorio de Ourense

20 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 23 • 12.00 horas • Auditorio de Ourense • Entradas en Ataquilla.com ou en Afundación (Praza Maior, 4) • A sesión familiar deste domingo estará protagonizada pola nova montaxe da compañía galega Avento Producións. A súa versión de «O libro da selva» estreouse o día 16 en Vigo -enchendo o Auditorio- e agora chega a Ourense. Fundada en 1985, Avento foi un referente da escea teatral en Vigo e acadou máis de setenta premios na súa etapa non-profesional. Na actualidade, e como compañía profesional, realiza musicais teatrais dirixidos ao público familiar, co obxectivo de buscar a diversión e crear novos públicos. A historia protagonizada por Mowgli, Baloo y Bagheera -publicada por Rudyard Kipling en 1894- chega nunha «adaptación de ritmo rápido que manterá ao espectador pegado ao borde do asento mentres Mowgli se atopa cara a cara con monos folgazáns, voitres ruidosos e o seu inimido mortal: o tigre Shere Khan».

Avento ten estreados os espectáculos «Laranxus 7», «O Mago de Oz», «Fantasticks» e «Hansel e Gretel».