Sesenta anos

Claudio Cerdeira OURENSE

OURENSE CIUDAD

CTA OURENSE

El Comité Ourensano de Árbitros de Fútbol recuerda la fidelidad de Óscar Sánchez en distintas responsabilidades asumidas dentro del colectivo

16 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe cumple 60 anos Óscar Sánchez Yáñez, árbitro de fútbol. Si, árbitro porque os membros do colectivo que son coma el (hai poucos) son árbitros de por vida. Óscar leva no colectivo arbitral 42 anos, dende o 1978, ingresou na organización arbitral co nacemento da Constitución Española, a que xa hai anos que algúns a queren reformar, pero Óscar Sánchez segue igual que o primeiro día, fiel ao seu colectivo, arbitrou en Terceira División (eu tiven o pracer de debutar como asistente nesa categoría con el, nun partido de Copa Federación Lalín-Caselas aló pola tempada 94-95) e actuou como asistente en tódalas categorías do fútbol nacional.

O destacable de Sánchez Yáñez é que dentro da organización arbitral estivo, está e estará para o que precise o colectivo, árbitro, asesor (informador) e directivo (actualmente vicedelegado en

Ourense), con tódolos delegados que pasaron polo colexio ourensán, si, con todos. Iso quere dicir que sempre aporta o seu traballo en favor do colectivo e algo moi importante a destacar é que estamos a falar de moitísimo tempo a 0 euros/hora.

Remato agradecendo en nome do colectivo de árbitros de Ourense e no meu propio estes 42 anos de dedicación á arbitraxe de Óscar Sánchez neste día tan especial para el. Feliz Aniversario!