Querer


Nin o san Valentín nos van dar de tregua. Se xa viñamos arrastrando meses coa precampaña en modo intenso, desde que xa temos datas para ir votar, isto non deixa de rebordar. Desde hai un par de semanas os conselleiros veñen a Ourense anunciar obras por millóns e millóns como se foramos ricos. Ata o punto de que fan facer unha residencia nalgún concello que xa ten, por iso de que se vexa que somos ricos. Ricos a escacha, sobre todo se goberna o PP no concello. Se é doutra cor, nin un can. Cans que, de todos os xeitos, xa repartirá o próximo goberno, así que xa se verá se os cartos chegan ou non (e iso vale tanto se seguen os que están coma se muda o conto; porque se se investiran todos os cartos que se anuncian, o orzamento da Xunta tiña que ser catro veces maior). O conto é ir anunciando obras. Por aquí e por acolá, porque non vaia ser que non se fixera nada en catro anos e alguén poida dicilo... non se fixo, pero vaise facer. E todos contentos. Os da Xunta repartindo o que non hai e os outros buscando o oco que non teñen. E igual que uns rebordan por un lado, os outros rebordan polo outro. Que aquí a historia é remexer e chegar ás verdades a medias para tratar de convencer á xente. Precampaña e postverdade, esa realidade na que vivimos. O importante é facer ruído, xa o de facer cousas queda para outro día. E nin hoxe nos deixarán tranquilos, neste san Valentín no que de momento o único que leva confesado a quen quere é Jácome, que xa adiantou que votará a Núñez Feijoo. Hai catro anos foille á contra, pero agora mírao con outros ollos, eses de novo namorado que só lle ve cousas bonitas ao outro. O poder de san Valentín.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Querer