Jácome quere a Núñez Feijoo


Disque é de lei amosarse agradecido con quen o merece. E non hai dúbida de que o alcalde de Ourense cumpre coa tradición e coa boa educación. A que non amosa cando comparece en roldas de prensa con algunha persoa, nos plenos ou en situacións semellantes, nas que se pon a fedellar no seu móbil nun exemplo de falta de empatía, educación e respecto para cos presentes. Este martes co conselleiro de Cultura, nun acto no que o titular deste departamento semellaba estar acompañado dun adolescente falto dunhas cantas nocións básicas de sociabilidade.

Superada a fase dixital, e porque non lle quedaba outra xa que foi interpelado nese senso, Jácome anunciou con rotundidade que o vindeiro 5 de abril votará a Alberto Núñez Feijoo porque forma parte do «goberno amigo» e porque ten de socios no Concello de Ourense aos populares. Tamén deixou claro, aínda que puidese ferir a sensibilidade do seu compañeiro de comparecencia, que ser deputado autonómico ou conselleiro era pouco menos que unha ofensa en comparanza con exercer como rexedor da terceira cidade de Galicia. E, xa de paso, fixo públicos os seus desexos para que siga o dos Peares exercendo como presidente da comunidade autónoma, o que para Jácome é sinónimo de apoio institucional, proxectos e subvencións.

Sexa co for, e aconteza o que ocorra o 5A, do que non hai dúbida é de que o alcalde de Ourense xa está entregado á causa: as liñas vermellas que lle ía pór ao PP viraron en iconas de corazóns e DO rematará sendo outra das siglas fagocitadas polos populares.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Jácome quere a Núñez Feijoo