Ourense potencia o entroido, que contará con tres desfiles

La Voz

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

A aposta pasa pola animación, as orquestas e a o protagonismo das citas de Eiroás, Seixalbo e A Ponte

07 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 13 ao 26 de febreiro • Diferentes espazos e horarios • OurensePrimeiro entroido do novo grupo de goberno liderado por Democracia Ourense e unha aposta clara por facer da cidade unha referencia durante estas festas. O edil de Cultura, Mario González, asegurou que haberá unha grande participación e anunciou que neste 2020 haberá tres grandes desfiles: ao do domingo engadiráselle un o martes e tamén se organiza, por vez primeira, un infantil no que xa está confirmada a presenza de máis de 1.300 escolares. Haberá moita animación -participarán 25 charangas e haberá tres pases diarios-, orquestras todos os días -de sábado a martes-, sesións de DJ no casco vello, festa infantil na Praza das Mercedes e un desfile cos entroidos propios da cidade: Eiroás (As Pitas), A Ponte (Frei Canedo) e Seixalbo (Paquita e Nicanor). Editáronse 40.000 programas de man para repartir pola cidade.

Pregón de Moncho Borrajo

O pregón será o sábado e decidiuse programar para ese día «porque será máis que un pregón, será un espectáculo de Moncho Borrajo», segundo sinalou o alcalde. O orzamento é de 130.000 euros, sen contar os premios.