O Arousa busca un punto de inflexión ante unha U.D. Ourense en alza

O equipo de Rafa Sáez defende o cuarto posto ante un rival 3 puntos por debaixo


vilagarcía / la voz

«Está claro. Para meterse -na promoción de ascenso- hay que ganar partidos como el de este domingo. Si sumamos, tenemos la oportunidad de dejar a un rival que viene con una inercia ganadora algo cortado». O adestrador do Arousa, Rafa Sáez, é o primeiro en subliñar a importancia do duelo que esta tarde mide o seu equipo coa U.D. Ourense no Campo Municipal de Vilaxoán a partir das cinco. Un choque no que o cadro vilagarcián defende o cuarto posto, que ocupaba antes da cita con 35 puntos, dun rival que non deixa de medrar na competición, e que ameaza a posición de privilexio do cadro arlequinado sexto con 32 puntos.

Un balance, o do cadro da cidade das Burgas, que se sustenta en boa medida nas súas actuacións dos dous últimos meses, nos que acumula sete triunfos, por dúas únicas derrotas, asinando ademais o seu primeiro triunfo da tempada a domicilio, 0-1 cas Pontes.

Tamén en dinámica positiva chega o Arousa ao encontro, encadeando cinco xornadas sen perder. Pero o feito de non dar pasado do empate nas tres últimas esíxelle ao cadro de Rafa Sáez un triunfo xa a fin de non ceder terreo na pelexa polos billetes para a vindeira fase de ascenso. «Ganar se convierte ya en necesidad», confesa o adestrador pontevedrés, que volve ter que tirar unha semana máis do equipo xuvenil para, máis aló de Raúl Martiñán, completar unha convocatoria sen o lesionado Julio Rey, o sancionado Pedro García nin Sidibé, que o mércores disputaba o seu primeiro encontro, un amigable fronte ao Celta de División de Honra Xuvenil, en 529 días. Si está hoxe na lista arlequinada Jorge Sáez, que reaparece tres xornadas despois, inda que non en disposición de saír de partida, adiantou Rafa Sáez.

O técnico local salienta a capacidade de sufrimento da U.D. Ourense para sacar os seus partidos adiante, na súa maioría, con marcadores curtos. O equipo de Fernando Currás chega ao completo tras a saída do lateral esquerdo Gabriel Jar ao Choco, pero reforzado polo goteo das recuperacións de varios dos seus principais activos, caso de Rubén Arce, que leva dúas xornadas de volta ao once titular tras unha rotura do telón de Aquiles, de Iago Blanco ou de Isi. No Arousa agardan ademais o acompañamento á U.D. Ourense dun nutrido grupo de seareiros dispostos a impulsalo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Arousa busca un punto de inflexión ante unha U.D. Ourense en alza