O Arousa di que o exilio da Lomba lle custa de 1.000 a 1.500 euros por partido

O equipo deberá xogar outra vez en Vilaxoán, este domingo ante a U.D. Ourense


vilagarcía / la voz

O Arousa encadeará a lo menos un cuarto partido como local fóra da Lomba. A Fundación de Deportes de Vilagarcía confirmou onte que o responsable da seguridade da obra de substitución da cuberta da grada de preferencia do estadio de fútbol denegou o uso do campo tamén este domingo, para o encontro que o equipo de Rafa Sáez disputará cun rival directo na carreira de fondo polos postos de promoción, a U.D. Ourense. Un non confirmado pola Fundación un día despois de que o seu presidente, Miro Serén, falase de tres semanas máis como horizonte para a conclusión dos traballos na cuberta.

Non sendo quen na Fundación de respostar onte á pregunta de se o Arousa deberá xogar tamén no exilio na visita das Pontes o 9 de febreiro, o único certo neste momento é que o cadro arlequinado disputará o seu choque coa U.D. Ourense no Campo Municipal de Vilaxoán, o domingo desde as cinco. O mesmo escenario no que os de Rafa Sáez tiveron que recibir o C.D. Barco o 15 de decembro e o Deportivo Fabril o 5 de xaneiro, citas precedidas do duelo co Alondras no Salvador Otero da Illa.

O presidente do Arousa, Manolo Abalo, pedíulle onte comprensión á Fundación, e que o Arousa poida volver xogar na Lomba no seu seguinte compromiso porque «entre cantina e entradas estamos a perder de 1.000 a 1.500 euros por partido», afirma.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Arousa di que o exilio da Lomba lle custa de 1.000 a 1.500 euros por partido