«Ourense é o territorio da infancia, a cidade literaria que está na miña obra»

xosé manoel rodríguez OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

Francisco Fernández Naval lembra a relación familiar, e afectiva, coa zona de Oira e co río Miño

12 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

É unha das r -en 1980 publicaba A fonte abagañada, o seu primeiro poemario- e neste tempo converteuse nun autor total que se ten desenvolto en facetas e campos de traballo moi diversos. A novela e a poesía son o seu territorio natural, aínda que na súa bibliografía figuran títulos para o público infantil, ensaios -literarios e de natureza-, traballos no apartado de guías e literatura de viaxes, teatro, guións para voces con maior percorrido e presenza na creación literaria galega. Francisco Fernández Naval, Chisco, celebra neste ano as súas catro décadas como escritoproxectos audiovisuais, traducións... e unha morea de participacións en obras colectivas. En todo este tempo foi sumando premios ao seu currículo: dende o Cidade de Ourense de Poesía por A fonte abagañada (1980) ao galardón á mellor obra infantil -por Os contos da avoa Pepa- concedido no 2018 na Gala do Libro Galego.

Hai unhas semanas que volvía á cidade para participar nun encontro sobre a súa obra. A Ourense retorna cada pouco, aínda que nos últimos tempos non coa regularidade que desexaría. Unha circunstancia que está vencellada á súa situación persoal -que el define como «un estado especial»- motiva esta circunstancia. A enfermidade da súa nai, que camiña polos carreiros nos que a memoria se esvaece, é a orixe deste escenario.

Ourense é literatura no corpus creativo de Chisco Fernández Naval. A cidade está presente nas súas obras, explícita ou agochada, e dela saen os alicerces. «A cidade é o territorio da infancia e cando estou a imaxinar e crear personaxes para as miñas obras sempre volvo a Ourense. Non sei contar a infancia senón é nese escenario e aínda que, obviamente, tamén os fago relacionados con calquera outro lugar, sempre hai algo que sae de aí». E mesmo da casa familiar agroman as novelas, como aconteceu con A noite branca -premio Irmandade do Libro ao mellor título do 2012-, creada a partir das imaxes e as cartas dun combatente da División Azul atopadas nunha lata de marmelo.

Cidade literaria

Fernández Naval vive na cidade de A Coruña e mantén unha relación afectiva, e física, coa Costa da Morte. De comezos dos anos 90 data o vencello con Lira, onde está a súa casa, e na zona teñen desenvolvido el e a súa compañeira Maribel Longueira varios dos seus proxectos. «A Coruña non ten o peso literario de Ourense. E a Costa da Morte é un espazo irrenunciable para min».

E precisamente neste territorio e na recuperación de memoria histórica, onde Chisco Fernández Naval se ten significado de especial maneira, é onde está ambientada a súa nova obra: un ensaio no que recupera a figura dun galego do Ézaro que fuxiu co seu irmán ao Monte Pindo nos tempos da guerra. Manuel Rodríguez Louro rematou dando cos seus ósos en Mauthausen e alí o mataron os nazis. O seu irmán buscouno toda a vida e nunca atopou un dato certo que lle confirmase onde estaba ou se morrera no campo de concentración. Rematou «queimado e convertido en abono fosfatado dos campos polacos, como outros milleiros de persoas». O sobriño foi quen de ir apañando o material que deu pé para o libro. «Iso é o que busca a memoria histórica. Restituír a figura das vítimas, non facer xuízos e buscar culpables, para que os seus familiares teñan tranquilidade e xustiza».

O rexeitamento de Ferreiro

Chisco Fernández Naval é o albacea e herdeiro do escritor e xornalista Xosé Fernández Ferreiro. Declárase derrotado logo de tres anos de esforzos. «Estou canso. Ofrecín o legado de Pepe e propuxen unha serie de actividades, cun proxecto a desenvolver. Non me fixeron caso. O presidente da Deputación nunca me recibiu: tiña unha entrevista concertada e comunicáronme a súa anulación. Sinto dicilo, máis a biblioteca e o legado non irán para Ourense, onde non queren saber nada del». Aínda que os amigos seguirán a turrar pola memoria do escritor e xornalista de Espartedo (Nogueira de Ramuín) e xa está preparada a edición dun libro póstumo. «Leva un prólogo de Méndez Ferrín e sairá en Xerais, que era a súa editorial».

«Miña nai sempre dicía que ao río hai que deixarlle o seu terreo»

Oira e o río Miño son os escenarios privilexiados de Fernández Naval. Os dous elementos están moi presentes na súa obra e mesmo en A noite branca dun xeito destacado ao facer un percorrido polas historias familiares e polos territorios vencellados ás mesmas. Un diálogo entre o un lugar pequeno, unha zona da cidade, e a segunda maior batalla da humanidade, a de Leningrado. Como o está, o lugar, no poemario iniciático, na súa primeira novela -O bosque das antas (1988. Xerais)- ou no libro Miño.

«A miña nai era de Oira e ese espazo é un lugar principal da miña vida, e tamén da miña literatura. E o territorio afectivo fundamental, o dos xogos e os soños, o das tempadas familiares e os veráns. O da estirpe».

Chisco garda a memoria familiar, a dos que viviron en harmonía co río e a vida que se xera ao seu redor. «A miña nai dicía: ‘Pero como fan iso ocupando o que é do río. O río ten o seu territorio propio e sempre llo ocupan’. Ela estaba moi preocupaba porque dicía que iso só traía problemas e que ao río hai que deixarlle o seu, o que é do río. O seu territorio». Aquel espazo marabilloso é historia. «Un membro da corporación que autorizou construír alí as piscinas, o campo de fútbol e o encoro veu un día a dicirme que aquilo fora un erro».

O seu espazo

Quen é. Francisco Xosé Fernández Naval (Ourense, 1956) é escritor. Traballou como funcionario da administración autonómica en A Coruña.

Espazo. Oira é o universo de Chisco. Podería escoller o parque de San Lázaro, naceu nunha das súas esquinas e foi o espazo de xogos e vivencias, mais á beira do río está o seu paraíso perdido.