Celebrando a tradición do Camiño por Ourense

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

Paseos pola cidade, cita gastronómica e obradoiros, entre as actividades

06 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 11.00, 17.00 e 18.00 horas • Casco histórico da cidade e Liceo • De balde • A Vía da Prata vencellada á provincia de Ourense coa tradición dos camiños a Compostela, e dende o Xacobeo 2021 apostan por potenciar os trazados menos coñecidos de cara á celebración dese ano. E á cidade chega hoxe o programa «Vive o Camiño», que propón varias citas a realizar por Ourense durante toda a xornada.

Pola mañá, a partir das 11.00 horas, haberá un paseo -cun ambientólogo e unha guía experta- por dous espazos vencellados ao Camiño ao seu paso por Ourense: O Posío e As Burgas.

Pola tarde as citas serán no Liceo. Ás 17.00 horas poderase participar no obradoiro «Memorias de Prata» e ás 18.00 horas haberá sesión gastronómica a cargo de Gerson Iglesias e un segundo obradoiro, neste caso para cativos, baixo o título «Xogando coa natureza».