O programa «Vive o Camiño» ofrecerá actividades en Ourense, Vilamarín e Cea durante toda a fin de semana

La Voz

OURENSE CIUDAD

cedida

Cecilia Pereira, a comisaria do Xacobeo 2021, e a concelleira Flora Moure presentaron os actos

04 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 6, 7 e 8 • Diferentes horarios • Ourense, Vilamarín e Cea (respectivamente) • Un dos obxectivos do Xacobeo 2021 pasa por potenciar e dinamizar as rutas a Compostela menos coñecidas ou empregadas no percorrido á capital de Galicia. E nesa liña de traballo figura a dinamización da Vía da Prata, onde se están a desenvolver actividades nas que levan participado máis de 1.600 persoas dentro do proxecto «Vive o Camiño». As propostas para esta fin de semana foron presentadas por Cecilia Pereira, a comisaria do Xacobeo 2021, e a concelleira de Turismo de Ourense, Flora Moure.

 

Na cidade o programa comezará ás 11.00 horas, cun paseo por dous enclaves do Camiño ao seu paso por Ourense: O Posío e As Burgas. Será a oportunidade «para a descuberta do patrimonio local da man dun ambientólogo e dunha guía experta». No Liceo, ás 18.00 horas, haberá unha degustación gastronómica dos pratos elaborados por Gerson Iglesias. Tamén haberá dous obradoiros, ás 17.00 e 18.00 horas, para adultos -«Memorias de Prata»- e cativos -«Xogando coa natureza»-.

«Vive o Camiño» chegará o sábado a Vilamarín, onde se poderá participar no paseo pola Ruta dos Pazos a partir das 10.30 horas -saída dende o pazo de Vilamarín-. Pola tarde desenvolveranse os obradoiros «Memorias de Prata», «Xogando coa natureza» e «Cata o Camiño», a partir das 17.00 horas.

En San Cristovo de Cea haberá paseo pola Ruta da Prata. O percorrido partirá ás 10.30 horas, dende o mosteiro de Oseira.