Conversa entre Francisco Fernández Naval e Celia Pereira Porto no Ateneo de Ourense

O acto desenvólvese no Centro Cultural Marcos Valcárcel


Hoxe • 20.00 horas • Ateneo • Francisco X. Fernández Naval será o protagonista dunha sesión organizada polo Ateneo para esta tarde. «Flores de auga e de memoria» é unha conversa entre Fernández Naval e Celia Pereira Porto que xirará arredor «do universo literario do escritor ourensán». Aínda que reside en A Coruña dende 1982, Ourense segue a ser a principal referencia literaria do escritor -que entre outros premios conta con dous Cidade de Ourense de Poesía- e sobre o seu corpus literario conversará con Celia Porto. Ensaísta, activista cultural, feminista e persoa comprometida coa recuperación da memoria das mulleres que traballaron pola igualdade e a xustiza, é editora de «Clara Campoeamor. O meu pecado mortal, o voto feminino e máis eu».

 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Conversa entre Francisco Fernández Naval e Celia Pereira Porto no Ateneo de Ourense