Ourense: O cuarto Ciclo Lírico de Ourense ofrece tres sesións no Principal
O programa ofrece unha selección de música galega, medieval e internacional
ourense
Hoxe e días 22 e 29 de novembro • Teatro Principal • 20.00 horas • Entre 5 e 8 euros • O Ciclo Lírico de Ourense comezará este venres a súa cuarta edición e na programación deste 2019 ofreceranse tres sesións «cunha selección da mellor música lírica galega, medieval e internacional». A primera das actuacións, este venres, correrá a cargo do dúo formado pola soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo, experto en recuperación do repertorio lírico galego.
A cita do día 22 centrarase na lírica medieval e estará a cargo da formación Luz y Norte. Integran o grupo Víctor Sordo (tenor), Sara Águeda (arpa histórica) e Celia Álvarez (viola de gamba).
A clausura, día 29, estará centrada na lírica internacional máis coñecida. Para a ocasión contarase coa presenza do barítono Josep Ramón Olivé e do pianista Francisco Poyato.
Comentarios