A festa do San Martiño


Ca chegada do noso bispo Leonardo, a festa relixiosa do san Martiño vai conseguindo novos pulos entre os sacerdotes e tamén entre os fieis ourensáns. A procesión do Santo polas naves de Catedral, acompañada pola banda de gaitas, dálle colorido e aires de festa. A igrexa Catedral adquire coa presencia dos arciprestes, dos sacerdotes da cidade e das vilas sentido de comuñón sinodal e de veneración afectuosa para o noso patrón Martiño de Tours.

Os novos mandatarios do Concello queren que o día de san Martiño sexa a festa principal do pobo de Ourense, comprometéndose a ilo, dende o primeiro día do seu mandato. Paréceme moi ben e moi acertada a proposta. Faime pensar na festa de san Froilán en Lugo, na festa da Ascensión no pobo de Compostela (eles chámanlle así), na festa de san Lucas en Mondoñedo... Festas con tradición e raigame galegas. Nos primeiros anos costaranos un pouco. Pero a cousa irá guiando ben ano tras ano. Boto de menos unha procesión solemne co san Martiño no día da súa festa polas rúas do casco vello da vila das Burgas, acompañada de unha boa banda de música.

Alá pola século cuarto a Francia de san Martiño, a cidade de Tours e o val do Loira tiñan necesidade de argallar unha estrutura xeográfica axeitada para a evanxelización de aquelas xentes. Naceu así a división do territorio en parroquias e a designación de grupos de monxes, que, vivindo en común nos mosteiros fundados por san Martiño, distribuíanse para o anuncio da Boa Nova. Eran momentos de crecemento demográfico e o bispo Martiño comprendeu que a Igrexa tiña que darlle respostas a nova realidade que estaba nacendo. Tamén, hoxe, a Igrexa en Ourense ten que darlle resposta a des poboación que estamos a vivir, a carencia vocacional pola que pasamos e as moitas parroquias que temos cos seus respectivos templos, pero sen xente nin futuro. O sínodo diocesano vai por este vieiro.

Neste ano inauguramos a iluminación das bóvedas do ambulatorio e dos cruceiros da nosa Catedral así como a iluminación de todas e cada una das capelas, incluída a do Santo Cristo. Xa era hora. A seo de Ourense vai recuperando o seu esplendor interno, a súa harmonía e a súa proporcionada beleza. É moito o que nos falta; e entre ese moito está a restauración do cimborrio, a restauración das reixas de Celma, a restauración da fachada principal e da fachada Sur e a restauración da sancristía. Claro que todo isto pertence ao mundo das promesas; pero, eu coido que este será o tempo oportuno. ¡Que pase o Xacobeo... para ver se lle toca algo á Galicia interior!

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A festa do San Martiño