Chamamento á afección arlequinada á rebelión o sábado contra o líder

Rafa Sáez apela á comuñón entre os seareiros e o equipo para sumar forzas fronte ao Ourense C.F., co Arousa coa moral polas nubes tras oito xornadas en positivo


vilagarcía / la voz

«Ayer -polo domingo- al acabar el partido la sensación era de que se nos habían escapado 2 puntos. Marcando tres goles, fuera de casa, poniéndonos tres veces por delante en el marcador, los indicadores eran los de una victoria». Un día despois, comentaba onte o adestrador do Arousa, co 3-3 no feudo do Choco xa inamovible, «hay que valorar el empate como positivo».

E así é por varios e poderosos motivos. Desde o estado dun terreo de xogo que facía imposible a explosión do fútbol combinativo que alimenta as ocasións de gol do cadro arlequinado, ata a ausencia de tres fixos no once tipo de Rafa Sáez, os sancionados Manu Rodríguez e Raúl Martiñán, e Róber, reservado a última hora logo de sufrir molestias no aductor dereito no adestramento do pasado sábado que aconsellou o seu descanso. Razóns ás que se suman ter tido diante un hoxe rival directo polos postos de honra da clasificación, a elevada contribución dos xogadores de refresco salientada polo técnico arousista; e a prolongación da xeira de bos resultados que eleva a oito xornadas consecutivas puntuando o Arousa.

Así pois, pese ás sensacións grises do primeiro momento, o certo é que o abultado empate colleitado en Redondela polo conxunto vilagarcián non fai máis que consolidar o elevado nivel da moral da tropa arlequinada xusto cando chega o, sobre o papel, exame de maior esixencia no que vai de tempada: A visita ao estadio da Lomba do líder, o Ourense C.F.

«Las sensaciones del equipo son muy buenas, fantásticas. De continuidad» ao vivido nestes dous últimos meses, sinala o técnico pontevedrés, co Arousa acumulando cinco triunfos e tres empates tras as súas ata o momento únicas dúas derrotas do presente curso. Unha traxectoria só mellorada por tres equipos -o Deportivo B é cuarto co mesmo balance, 21 puntos, có Arousa-, con mención especial ao vindeiro rival dos de Rafa Sáez. Un Ourense C.F. que só deixou fuxir 5 dos 33 puntos postos en xogo nas once primeiras xornadas de Liga, gañando nove partidos.

Ambos os dous equipos acordaron adiantar o seu duelo da duodécima xornada ao sábado, ás 20 horas. No caso do Arousa, con varios futbolistas chamados a participar nas mesas electorais do 10N.

Con toda a semana inda por diante, Rafa Sáez non quixo perder nin un día para facer un chamamento á afección arlequinada: «El sábado apelamos al factor público. Confiamos en él. Es fundamental. Si el Arousa quiere estar en los puestos de arriba, necesitamos que la afición esté con el equipo. Es innegociable».

Rafa Sáez recupera para o choque co líder a Manu Rodríguez e a Raúl Martiñán, confiando tamén en poder dispoñer de Róber. Trapero, por acumulación de amonestacións, era onte a única baixa local confirmada.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Chamamento á afección arlequinada á rebelión o sábado contra o líder