«Dicir a verdade é o truco para facer rir»

María Doallo Freire
María Doallo OURENSE

OURENSE CIUDAD

BASILIO BELLO

Luis Zahera estrea este sábado no Auditorio o monólogo «Muiñeiras» xunto ao humorista Oswaldo Digón

02 nov 2019 . Actualizado a las 10:45 h.

Luis Zahera regresa a Ourense este sábado para presentar «Muiñeiras», un monólogo no que está acompañado polo humorista Oswaldo Digón, onde intercalarán a risa coa gaita. Será no Auditorio Municipal ás 21.00 horas e as entradas aínda poden adquirirse a través da web de Oferplan cun 34 % de desconto a 9,90 euros.

-Con qué se vai atopar o público en «Muiñeiras»?

-Falaremos un pouco dos defuntos, pola data, pero tamén falaremos de min, do traballo... de todo un pouco, sempre coa finalidade de conseguir que a xente se ría. É un monólogo onde me poño en ridículo porque ao final son un actor que terminei facendo papeis terríbeis cando verdadeiramente quería facer de galán. É todo unha trapallada, unha forma de pintar a mona para que o público pase un bo rato nuns tempos nos que non ven nada mal.

-Cal cree que é o enganche deste monólogo?

-Creo que dicir a verdade é o truco para facer rir. Son o menor de cinco irmás e cada Nadal miña nai contábanos as mesmas historias do seu pasado, sempre as mesmas e sempre co mesmo resultado: nós morrendo coa risa. Esa falar de realidades e pórlle paixón son fundamentais nun e fan que o monólogo triúnfe. Aquí van a verme contar historias persoais que no seu momento me sorprenderon moito.

-Nesta ocasión sube ao escenario xunto a Oswaldo Digón.

-Si, é un profesional do humor. Tódolos que rodeamos a Oswaldo, sacando a Quico Cadaval, Carlos Blanco, Cándido Pazó e poucos máis, somos uns farsantes. É un tipo que crea o seu propio mundo nos monólogos e aprendo un montón del. Dende logo o potente deste dúo é el, sen dúbida.

-Ten unha longa traxectoria humorística, como consigue facer rir sempre?

-Pois é que non o sei, supoño que observando todo o que me rodea e tentando reproducilo. Encamiñar todo para que os espectadores se divirtan, desconecten e se lles alegre o corazón.

-Agora mesmo compaxina este con outros monólogos e ademais continúa traballando como actor, como se fai?

-A verdade que todo é grazas ao traballo da miña representante, Lourdes Jurado, que fai malabares para que todo encaixe. Agora estou cós espectáculos de humor pero á vez comezarei a gravar pronto unha participación nunha película en Madrid e outra en Barcelona e acabo de chegar de México. Dígolle a case todo que si e non me é difícil facelo, en serio.

-Fálenos de esa aventura mexicana...

-É un proxecto para Telemundo. Teño un personaxe na segunda tempada da serie «Enemigo íntimo». Fago de malo malísimo, como O Picheleiro, e compartirei reparto con actores da talla de Fernanda Castillo o Matías Novoa. En España poderase ver a través de Netflix o ano que ven.