O FITO viviu unha edición de resistencia «e reafirmación»

Sarabela reivindica o festival como «un lugar de encontro e un proxecto estratéxico para Ourense»


ourense / la voz

Aínda con xestións pendentes e cos aplausos da derradeira función do FITO 2019, dende a organización do festival reivindícase o proxecto, a singularidade do mesmo, a aposta pola internacionalización e o compromiso con Ourense.

Os recortes e a falta de apoios converteron ao Festival Internacional de Teatro de Ourense deste ano nun certame que foi calificado de resistencia e que dende a organización do FITO «tamén nos gusta calificar de reafirmación». Aínda cun orzamento moi reducido, dende Sarabela Teatro apostouse por manter «os criterios de excelencia e transferencia de experiencias e coñecementos».

A edición desde ano tamén incidiu na internacionalización e na condición de universalidade que ten a acción escénica: pola cidade pasaron artistas de máis de sete países e compañías que foron mudando xeograficamente -de París a Bogotá e de Londres a Madrid-.

Satisfacción dos espectadores

Unha das singularidades do FITO 2019 pasa «polo altísimo grado de satisfacción dos espectadores» que se achegaron ata a respresentación dos diferentes espacios que acolleron as montaxes. A media de asistencia foi de 230 persoas e houbo obras, como a de

Oopart,

que non se puideron representar na rúa pola falta de permiso. Con todo, a organización salienta que «seguimos entendendo o festival como un lugar de encontro e un proxecto estratéxico para Ourense».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O FITO viviu unha edición de resistencia «e reafirmación»