«Como no xornalismo, no cómic importa a forma de contar»

Pablo Varela Varela
p. varela OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

PABLO VARELA

O ilustrador Jorge Campos, formado na Antonio Faílde, é o último participante no Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil do campus

29 oct 2019 . Actualizado a las 08:36 h.

Jorge Campos (Ourense, 1982) pecha hoxe, a partir das 18.00 horas, o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil que o campus levou a cabo durante o mes de outubro. E faino para desentrañar o contido dun libro mudo. «De aí a importancia das distintas maneiras de contar sen palabras», di Campos.

-Por que fala de narrativas alternativas?

-Isto comezou con un traballo académico que fixen na Antonio Faílde, un cómic. E Isabel Mociño, a coordinadora do ciclo do campus, chamoume porque ela quere que os estudantes de Educación coñezan e vexan as distintas formas de narrar que existen.

-A que público está enfocado o seu cómic?

-É unha historia circular que é válida para xente moi nova e ata os 99 anos. O adulto pode sacar unhas conclusións e o neno outras. Consiste nun libro desplegable de 6,25 metros de ancho en forma de acordeón. Eu sempre digo que ten a lonxitude dun triplo de baloncesto. E como no xornalismo, o importante tamén é a forma de contar.

-Cal é o argumento?

-A historia comeza nunha illa, cun náufrago. E podes escoller o camiño que este náufrago segue. Hai referencias a obras como O Principiño, Moby Dick. E así, isto deriva nunha segunda lectura.