O PSOE tilda de «electoralistas» as críticas do PP sobre os prazos da AVE

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

Os socialistas recalcan que o compromiso de Fomento foi claro

16 oct 2019 . Actualizado a las 20:00 h.

O PSOE de Ourense denuncia as críticas electoralistas realizadas polos candidatos do PP a Congreso e Senado sobre o retraso na chegada do AVE a Ourense. Os socialistas afirman que se están  cumprindo prazos e licitándose, tal e como se había acordado. «O compromiso do Ministerio de Fomento e do ministro, José Luis Ábalos na súa última visita, foi claro». Comprometeuse con que se rematarían as obras no ano 2020, tanto a obra civil como o tramo de AVE e as licitacións e contratacións para que se cumpra están sendo realizadas», explicaron os socialistas.

Dende o PSOE de Ourense destacan que «as mentiras do Partido Popular neste ámbito non son novidade». Asimesmo,  remarcan que todas as obras pendentes estanse a realizar segundo os prazos previstos, a pesar da gran envergadura das mesmas, con numerosos túneles e viadutos que permitirán conectar a alta velocidade entre Galicia e a Meseta.