Setembro, mes mariano


Ourense está en plena celebración mariana nos santuarios máis significativos da xeografía diocesana. A novena a Virxe dos Milagres de Baños de Molgas no monte Medo acaba de empezar. É a estrela das novenas que se celebran á primeiros do setembro. Posiblemente, o entorno deste santuario, concentra a maior cantidade de devotos que unha novena pode congregar nestas terras. A novena a Virxe do Portal en Ribadavia, na que as xentes do Ribeiro celebran a súa Virxe na Vila. Cada ano, concello por concello, fan a ofrenda a súa bendita imaxe. A novena a Virxe do Portal celébrase nos primeiros do setembro, pero a súa celebración continúase a celebrar todos os sábados do ano, pois o santuario do Portal é referencia obrigada para tódolos do Ribeiro. A novena a Virxe dos Remedios de Ourense. Posiblemente é a novena de maior participación dos crentes ourensáns. Vicente Risco dicía que era a «gran festa da cidade». Os pais salesianos van sacando a flote unha novena que foi, que é e que quere ser a novena a Virxe no setembro e na que os ourensáns cantan «en María encontraredes o remedio que esperades». Esta mesma advocación mariana celébrase nas terras de Verín con idéntico fervor e con igual paixón de respecto e honra a Nai de Deus, como tamén se fai en Castro Caldelas. A novena da Virxe da Clamadoira nas terras da Baixa Limia en Muíños. É o lugar onde se reúnen as xentes que, dende o alto do monte, despídense da súa santa tan querida, ata o próximo ano. A novena a Virxe da Armada, que congrega ás multitudes da zona do Arnoia en Celanova e tamén os crentes de Ourense cidade.. A novena a Virxe do Cristal en Vilanova é unha novena que precisa reivindicarse ante o roubo e desaparición da súa santa Imaxe en circunstancias tan tráxicas. O día 21 de setembro teremos a apertura do Sínodo diocesano. Non o esquezamos. Unha evanxelización da nosa terra ten que contar ca devoción dos ourensáns a Virxe María.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Setembro, mes mariano