Contracultura

Marcos Guimarey ARGUMENTARIO

OURENSE CIUDAD

01 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O mellor atino coa seguinte tese: o Concello de Ourense deixa de subvencionar e patrocinar aqueles eventos culturais que se levan desenvolvendo por anos na cidade para que os promotores acaden a excelencia e conquisten o terreo das ganancias de cartos. Quere que o extinto Circo dos Muchachos, sexa o Cirque du Soleil do século XXI. Pasou que no ano 1984 os fundadores do Circo do Sol recibiron fondos públicos para lanzar o seu nunca visto espectáculo circense; aló polo 2015 vendeuse por 1.500 millóns de euros; coido que Canada recuperou a súa inversión só cos impostos recadados nesta venta. Este exemplo móstranos unha nova cultura, como inversión nunha sociedade mellor. Desmontar paso a paso o escaso tecido cultural que queda na cidade de Ourense é ben sinxelo, nin subvención, nin contratas de produción. Tampouco se deron conta das xa poucas e pequenas empresas que quedan programando. Todas teñen unha boquiña para comer, pero si xa só quedaba pan duro, agora, dende que tomou posesión a nova corporación, nin as migallas. O que tamén me sorprende é a escasa mobilizacións da sociedade ourensá. As excepcións son críticas pero non moi esixentes, non creo que persigan o soño de transcender mais aló. Eu creo que si, que deben ser o xerme da contra-contracultura. Abro o debate sempre co medo a estar errado co concepto de cultura. Gramsci afirmaba que «todos os homes son filósofos» [posúen unha cultura, un modo de pensar e de actuar]; interprétase das verbas de Gramsci que «a cultura na sociedade está vinculada á clase; sendo a sociedade unha realidade conflitiva, o campo cultural non será unitario». O exterminio de procesos culturais debe levar a sociedade ourensá a un constante conflito cos gobernadores. Temos que preguntarnos quen nos puxo no noso maxín esa idea que a cultura debe ser rendíbel economicamente. Por poñer un número, o Museo do Prado está nun beneficio económico do 2,5 % aproximadamente.