O Concello de Ourense convoca a XX edición do Premio Risco de Creación Literaria, premiado con 6.000 euros

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

A presentación dos traballos está aberta ata o vindeiro 20 de setembro

15 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A vixésima edición do Premio Risco de Creación Literaria xa está en marcha. O Concello de Ourense e a Fundación Risco anunciaron este domingo a convocatoria do certame, que rende homenaxe a Vicente Martínez Risco e o seu fillo, Antón Martínez-Risco Fernández, e premia ó gañador con 6.000 euros e a publicación da obra.

O premio, centrado no xénero narrativo, contempla a presentación de novelas, conxuntos de relatos e ensaios. Poderán optar a el calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría, redactados en lingua galega, e cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300.

O prazo de entrega rematará o día 20 de setembro no Rexistro Xeral do Concello de Ourense, na Praza Maior.