A escritora Ledicia Costas chega coa súa «Infamia» a Ourense

La Voz

OURENSE CIUDAD

cedida

O Espazo Lector Nobel acollerá a presentación da nova entrega da autora

19 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 20 • 19.30 horas • Nobel • Logo dunha ampla e premiada carreira creativa vencellada á literatura infantil, Ledicia Costas asina a súa primeira novela para adultos e ten confesado que se obsesionou co traballo, ata deixar a pel na escrita. En «Infamia» a escritora convida ao lector a mergullarse na historia e a vida da penalista Enma Cruz, quen imparte clases nunha vila marcada pola desaparición das irmáns Giraud. En palabras da propia Ledicia Costas, a súa novela «diría que é un thriller piscolóxico, porque os traumas dos personaxes teñen un valor fundamental na historia». Confesa a autora de «Infamia» que o seu obxectivo á hora de escribir a novela foi que o lector se enganchase axiña para «acadar a sensación que produce un libro que non es capaz de deixar». Na presentación estará acompañada por Celia Pereira.