Un recordo para o vello revirado

La Voz

OURENSE CIUDAD

Agostiño Iglesias

No Ateneo de Ourense lembrouse a Antón Tovar nos quince anos do seu pasamento

18 jun 2019 . Actualizado a las 21:47 h.

Van alá xa quince anos dende que Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921 - Ourense, 2004) deixou para sempre a poesía. Unha data que foi lembrada onte nas instalación provisionais do Ateneo cunha sesión de homenaxe na súa lembranza. No Centro Cultural Marcos Valcárcel a poesía correu a cargo de autores e recitadores como Pura Veiga, Xulio L. Valcárcel, Marisa Calvo, Dolores López Alonso, Ignacio Campos e Edelmiro Vázquez Naval.