O Arquivo Histórico de Ourense celebra xornadas de portas abertas

La Voz

OURENSE CIUDAD

cedida

O espazo do casco histórico ofrece varias actividades para conmemorar o Día Internacional

05 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 5 a 7 • 19.00 horas (hoxe) e varios horarios os días 6 e 7 • O 9 de xuño celébrase o Día Internacional dos Arquivos e dende o Arquivo Histórico Provincial de Ourense teñen organizado varias actividades para conmemorar a data. O programa comezou co obradoiro didáctico de escritura medieval, no que participaron alumnos do Colexio Franciscanas Divina Pastora.

 

Para esta tarde está prevista a conferencia de Ricardo Pichel titulada «Bernardo de Brihuega, colaborador de Alfonso X, en Ourense. Achado do testemuño máis antigo da súa obra». Será ás 19.00 horas, no Liceo de Ourense.

Con inscrición

Para o xoves e o venres están programadas dúas actividades: xornada de portas abertas e visita teatralizada.

O día 6, ás 18.30 horas, poderase participar na visita guiada á sede do Arquivo. Son 25 as prazas, polo que hai que formalizar a inscrición por correo electrónico en: arq.prov.ourense@xunta.gal.

O venres 7, ás 19.00 horas, ofrecerase a visita teatralizada «A porta do tempo: Historia das mulleres en Ourense (III): a conciencia de igualdade». Vinte son as prazas a disposición e as persoas que desexen participar deben chamar ao 650 057 011.