«A chegada do AVE leva un retraso en torno ao ano e medio»

Rubén Nóvoa Pérez
rubén nóvoa OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

Xosé Carlos Fernández Defende que a futura estación de mercancías sitúese no polígono de San Cibrao

04 jun 2019 . Actualizado a las 13:47 h.

Xosé Carlos Fernández dará este mércores, como experto ferroviario, unha conferencia no Liceo que versará sobre tres eixes: cando e cómo chegará a alta velocidad a Ourense, a conexión directa con Vigo e a mellor solución para as mercancías por tren.

-En qué situación están as obras de alta velocidad?

-Agora xa non é un problema tanto de obras, como foi nos últimos oito ou dez anos. Neste momento, calquera que viaxe a Madrid dase conta que as obras están nalgún caso rematas e entre Sanabria e Ourense están nun grado de avance que non se pode discutir. O que lle preocupa máis a xente e cando e como chega ou as frecuencias que teremos. A xente quere ver como lle vai afectar persoalmente.

-E cando chegará?

-A última da que se dera co Partido Popular e o ministro de la Serna fora que estaría en probas a finais deste ano 2019. Iso xa se pode confirmar que non pode ser. O actual goberno do PSOE non confirmou, pero tampouco ratificou a data. Están deixando pasar o tempo, pero hai unha serie de pistas que avalan que non estarán finalizada as obras este ano para comezar co período de probas. Realmente, o retraso o evalúo en torno a un ano ou ano e medio. Aínda non está terminada, por exemplo, as plataformas dos viadutos de Teixeiras e outros. A plataforma pode estar acabada en outubro, pero despois hai que tender a vía e electrificala o que pode levar ano e medio ata ter toda a superestrutura o que nos sitúa a principios de 2021, ao que hai que sumar polo menos medio ano de probas.

-Haberá máis frecuencias de trens a Madrid?

-O viaxe durará dúas horas e cuarto a Madrid. Iso é o que teñen anunciado. Iso permitirá aumentar unha frecuencia ao día, xa coa apertura do tramo Zamora-Sanabria, que permitirá rebaixar o tempo en 50 minutos. Tamén ese tempo, con toda seguridade, permitirá que o tren matinal que sae de Santiago podería saír de Coruña. Outra limitación para ampliar as frecuencias ten que ver co número de trens, que son moi limitados.

-Cal e a súa proposta para a conexión directa con Vigo?

-Fomento o que ten pensado e usar o eixo Atlántico sen entrar en Santiago, co que se gañaría entre dez ou quince minutos con relación ao recorrido polo Miño. Un viaxe de unha hora ou unha hora e cinco para un ourensán non é competitivo. A opción de Cerdedo non se vai facer na vida, polo alto custe que ten -2.300 millóns para aforrar 20 minutos- e a miña proposta pasa por unha liña directa polo río Tea e Mondariz que deixaría o viaxe co mesmo tempo que a Santiago, que cando se faga nos trens AVE de verdade quedará en 25 minutos.

-Fálase pouco das mercancías.

-Ourense está nun punto idea para a entrada e saída de mercancías de Galicia pola liña actual de Zamora. A estación de mercancías de Ourense ten que situarse no polígono de San Cibrao.