Mudar o mundo coas voces máis doces

amelia ferreiroa

OURENSE CIUDAD

miguel souto

Lalín acollerá o 1 de xuño o quinto Festival de Coros Infantís e Xuvenís, con catro grupos, e coa estrea oficial de Xoven Voz

23 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Coros infantís e xuvenís serán os grandes protagonistas do festival que terá lugar no Salón Teatro de Lalín o vindeiro 1 de xuño dende as 18 horas, e que organiza a Asociación Coral Polifónica de Lalín, os coros Luís Areán e Xoven Voz en colaboración co concello e a Deputación.

Un festival no que se darán cita o Coro Passionato de Tomiño, Coro da Escola Municipal de Música de Barbadás (Ourense) e as dúas formacións locais: o Luís Areán e Xoven Voz. A directora das formacións lalinenses Arlette Martín Velázquez promete un concerto alegre, no que o fío conductor será «un mensaje de amor y de esperanza, ver la manera en que podemos actuar para cambiar el mundo».

O Coro Luís Areán, que conta cunha docena de integrantes, interpretará cuatro cancións nas que se misturarán partes en español, inglés e suajili. Os cativos tributaranlle unha homenaxe ás fermosas películas de Disney interpretando «De ellos aprendí», para seguir con temas coñecidos coma «Que canten los niños» ou «Cubanita». Como ven sendo habitual en todas as súas actuacións os coralistas sairán ao escenario con alegría e coas súas camisolas de cores «y unas coreografías extraordinarias que esperamos que gusten al público».

Para o Coro Xoven Voz a actuación do próximo día 1 será a súa presentación oficial, despois de interpretar semanas atrás algúns temas no Museo Municipal. Unha presentación que será tamén unha homenaxe, pero neste caso ao cantante Freddie Mercury, coa interpretación dunha das súas cancións máis coñecidas: Somebody to love. Un festival no que os asistentes poderán escoitar tamén a varios coros interpretando un mesmo tema, como será o caso das dúas agrupacións lalinenses, que interpretarán o máis que coñecido tema de Michael Jackson «We are the world», pero na súa versión española; «Somos amor, somos el mundo». Finalmente os catro coros protagonistas deste evento musical couparán o escenario para pechar o acto con dúas cancións: unha africana; Banaha, e o coñecido Himno de la alegría para poñer o colofón.