Jesús Vázquez: «Xa tiven que renunciar a moitas cousas pola política»

Miguel Ascón Belver
Miguel Ascón OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Jesús Vázquez posa al lado de la casa consistorial de Ourense
Jesús Vázquez posa al lado de la casa consistorial de Ourense MIGUEL VILLAR

«Nunca renunciaría aos meus principios, á honestidade»

20 may 2019 . Actualizado a las 13:13 h.

Como tantos outros ourensáns, Jesús Vázquez Abad é fillo da emigración. Naceu en 1967 en Núremberg (Alemania). Profesor universitario, comezou a súa carreira política como parlamentario no Congreso ata que Alberto Núñez Feijoo o chamou para ser conselleiro. O seguinte encargo do líder do PP para Vázquez foi que encabezase a candidatura popular en Ourense no 2015. A súa foi a lista máis votada e puido gobernar estes últimos catro anos aínda que coas dificultades que supón facelo en minoría. O candidato á reelección espera contar con máis apoio o 26M.

1. Cantas horas dorme ao día? Que soñou hoxe? 

Unha media de cinco horas ao día e iso con sorte. Ás veces está a cabeza co runrún toda a noite e non pego ollo. Nunca me acordo do que soño, salvo que sexan pesadelos.

2. Que serie está a ver ou cal foi a última que viu? Ten plataformas de pago?

Non vexomoita televisión. Vexomáis películas que series. Se vexoalgunha, ou son de detectives ou de humor. TeñoNetflix.

3. Se lle desen a elixir, con quen tomaría agora mesmo un café ou unha caña? E, xa postos, café, caña, refresco...? 

Con todo o mundo, non podo elixir a ningunhapersoa concreta. Non teño idolatrado a ninguén en concreto, para min sería imposible elixir. E, se teño que elixir, café.

4. Bote a vista atrás. A que lugar ou momento volvería? 

Por recordos, á infancia porque tes a toda a familia. Por sortetivenunha boa infancia, pero non hai un momento concreto. Fununhapersoa afortunada, puidenestudar, acabei a carreira e xa tiventraballo... Pero se tivera que volver, volvería á infancia polo feito de estar con toda a familia.

5. Cando foi a última vez que convidou a alguén a tomar algo?

Hoxemesmo no almorzo. Baixei a tomar a café e invitei a un veciño.

6. E cando foi por última vez a cear con amigos?

Ceno coamiña pandilla con moita frecuencia. Esta última fin de semana.

7. Cando chega á casa o primeiro que fai é...

Poñerme a planificar o día seguinte. Bueno, primeiro sacar os zapatos e poñerme cómodo. Na casa semprevou con chándal ou poño o pixama, pero despois xa empezo a planificar o día seguinte.

8. Pola súa actividade política a que non estaría disposto a renunciar? 

Nunca renunciaría aosmeus principios, á honestidade. Por desgraza xa tiven que renunciar a moitascousaspola política. Da vida persoal renuncias a case todo, pero nunca renunciaría aosmeus valores.

9. Ten seguro privado de saúde? E cantas tarxetas bancarias?

Son de Muface e teñounha Visa e unha de débito ordinaria, as dúas co mesmo banco.

10. Ten coche? Cal e desde hai canto? E que móbil? 

Un RenaultKadjar, pero é da miña parella. Agorafai os tres anos o coche. De móbil, teño un Samsung S9.

11.Ten vivenda en propiedade ou en alugueiro?

En propiedade e con débeda, pero sendo honesto a verdade é que está case xa pagada. O primeiro apartamento merqueinocando tiña 27 anos, logo vendino e fai doce ou trece anos comprei este.

12. Que será o primeiro que fará o luns 27 de maio?

O de todos os días. Levantarme, ler a prensa e felicitar aosmeus amigos. A política non me cambiou como persoa e espero que siga sendo así.

O QUE DI A SÚA LETRA (por Luis Alamancos)

ESPÍRITU ANALÍTICO. Trátase dunha persoa imaxinativa e sumamente analítica, como o indican os puntos en círculo e as xambas longas. A simetría entre os grafemas de texto e firma, indican que sole comportarse tal e como é. De boa proxección social, con inclinación de grafemas e trazo curvo á dereita, os ángulos e os travesaños de t lanzados e acerados advirten que pode ser moi combativo na defensa das súas ideas.