«As actuacións máis destacables foron unha bici estática e unha tirolina»

m. a. OURENSE

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

Etelvino Blanco lamenta que outras forzas non escoitaran o seu chamamento á unidade da esquerda

17 may 2019 . Actualizado a las 10:25 h.

Despois de dúas décadas á fronte da CIG, Etelvino Blanco xubilouse pero agora reaparece como candidato de Ourense Mellor. «O obxectivo é o mesmo: loitar polos dereitos das persoas», di o aspirante á alcaldía, que se viu obrigado a demorar esta conversa por un ingreso hospitalario. Blanco fixo hai semanas un chamamento á unidade da esquerda, pero finalmente presentase pola súa conta: «A situación de emerxencia social e política na que se atopa a cidade non merecía que a resposta fora mirar para outro lado». O candidato asegura que Ourense Mellor «é unha plataforma cidadá progresista con persoas vinculadas a movementos sociais e veciñais» e xustifica o acordo coa En Marea de Villares no obxectivo de conseguir escano tamén na Deputación.

Blanco cualifica como «nefasta» a xestión do PP no Concello. «As actuacións máis destacables foron unha bici estática e unha tirolina nun parque do centro. Ourense merece outro goberno, que se centre nas necesidades e demandas da veciñanza, non en selfis e obras faraónicas», di o candidato de Ourense Mellor, que considera que o máis urxente é aprobar os orzamentos e o PXOM ou mellorar o mantemento de rúas e parques, entre outras medidas.