Protesta do loteiro que deu un premio de 6,7 millóns porque o Concello non lle paga as facturas

Os libreiros non cobran o importe dos talóns de material escolar repartidos polo goberno local entre algunhas familias


lugo / la voz

O loteiro Fernando Toubes, que a finais do ano pasado despachou un premio de 6,7 millóns de euros do «Gordo de la Primitiva» na súa librería da rúa Ourense, protestou onte diante do consistorio lucense vestido de presidiario porque o Concello de Lugo non lle paga as facturas que lle adebeda polos cheques de material escolar. Nesta situación tamén están outros libreiros do municipio lucense.

Acudiu vestido de presidiario e cunhas cadeas e unhas bolas nas que fixo figurar uns números que corresponden á tardanza no cobro. O ano pasado esperou 145 días e no anterior, 207. Ese retraso, dixo Toubes, é un grave problema para negocios como o del.

Dixo que os cheques xa eran entregados con retraso aos pais co que a axuda resulta «pouco útil». O loteiro reclama que os talóns sexan entregados en setembro e que os pagos se axilicen. A consignación total para os cheques é de 40.000 euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Protesta do loteiro que deu un premio de 6,7 millóns porque o Concello non lle paga as facturas