Ourense traballa en Escocia nun proxecto sobre enerxías renovables

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

CEDIDA

Trátase dunha iniciativa liderada polo Concello de Ourense

14 may 2019 . Actualizado a las 20:45 h.

O Concello de Ourense participa activamente a través da Concellería de Promoción Económica no proxecto europeo Geoatlantic, que aposta por fomentar o desenvolvemento sostible aproveitando as enerxías renovables, Representantes municipais asisten na localidade de Inveravay (Escocia) á xuntanza técnica do grupo de traballo que ten como finalidade compilar esforzos e iniciativas xunto cos socios europeos do arco atlántico que participan no proxecto, co lema Promovendo a enerxía xeotermal e xeotérmica.

«Este proxecto coloca a Ourense como líder da enerxía xeotérmica en Europa. Foi un compromiso adquirido ao inicio do mandato que suporá que os vindeiros anos cheguen grandes investimentos para esta cidade», afirma Jorge Pumar, concelleiro de Promoción Económica.