Uxía Rodríguez faise co bronce en Dobre Minitramp do Internacional de Marín

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

MONICA IRAGO

07 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A cambadesa Uxía Rodríguez Fernández, do Club Ximnasia Pontevedra, completou o domingo un excelente Torneo Internacional de Ximnasia en Trampolín. Coa súa medalla de bronce na modalidade de Dobre Minitramp á cabeza dos seus resultados na categoría elite (8-10 anos), no que foi o seu primeiro campionato de nivel desde o seu recente desembarco neste deporte. De 9 anos, Uxía tan só foi superada pola deportista portuguesa Maria Ferreira, do Ginásio Atlético Clube, e mais pola burgalesa Martina Moradillo, do Club Gimnasia Burgos.

Cuarta en tumbling, a ximnasta arousá asinou ademais en Marín o quinto posto no cadro de competición de trampolín, modalidade no programa olímpico en Tokio o vindeiro ano. Posicións todas elas cun valor multiplicado por tratarse do campionato de maior nivel de cantos se organizan baixo o paraugas da Federación Galega de Ximnasia nas diferentes disciplinas de trampolín, con participantes procedentes de toda España e de oito clubs de Portugal.

Uxía ultima a súa preparación para o Campionato Galego, a finais de xuño en Ourense, clasificada xa para o de España, que se disputará en setembro en Valladolid. Froito de ter apostado pola disciplina pasando esta tempada dunha a 15 horas semanais de adestramento.