Domingo de Resurrección, o día que se restaurou a vida

José Pérez Domínguez NO ATRIO

OURENSE CIUDAD

Agostiño Iglesias

21 abr 2019 . Actualizado a las 21:01 h.

Este é o día en que actuou o Señor, a solemnidade das solemnidades, a nosa Pascua: a Resurrección do Noso Salvador Xesucristo segundo a carne. Esta é a nosa fe: cremos que Cristo resucitou de entre os mortos porque aceptamos a testemuña dos apóstolos, que viron o sepulcro vacuo e creron; que comeron e beberon con El, despois da súa resurrección; testemuña que se nos transmite pola Igrexa ao longo dos séculos.

Todo isto sucedeu o primeiro día da semana e, a partir daquela, convértese no día do Señor Resucitado (no domingo); Cristo, a pedra que rexeitaron os arquitectos é agora é pedra angular da Igrexa.

Nós, pola fe e mailo bautismo, resucitamos con Cristo, o verdadeiro Año que quitou o pecado do mundo, que morrendo destruíu a morte e resucitando restaurou a vida.

E por iso debemos buscar sempre os bens do ceo, onde está Cristo sentado a dereita de Deus Pai. Felices Pascuas de resurrección para todos. Aleluia!, Cristo resucitou. Aleluia! «Cristo vive e El é a máis fermosa beleza e mocidade para o mundo».

En Ourense, este domingo de Pascua celébrase coa procesión, pola mañá, de Santa María Nai ata as naves da catedral, onde ten lugar o encontro con Cristo Resucitado. Logo a misa de Pascua, harmonizada pola coral do Liceo de Ourense.

Máis logo, retorno procesional de Santa María ao seu templo, acompañada polo excelentísimo consistorio, polo excelentísimo Cabido catedralicio e polo pobo de Ourense que, con ritmos de gaita e aires de festa acompaña a súa Santa Patroa no día da Pascua de Resurrección do Señor.

Coma sempre, xa na Praza Maior, virán os agradecementos, os saúdos e as despedidas entre as autoridades civís e relixiosas, contando sempre ca liberdade de expresión para que cada quen interprete como boamente lle pareza.